SanidadeÚltima hora

Un positivo por Covid-19 na Veiga

Así o vén de confirmar o seu alcalde nunha comunicación a través das redes sociais

 

O municipio da Veiga rexistra un positivo por Covid-19 que está asintomático, segundo vén de confirmar o seu alcalde, Juan Anta, nun comunicado publicado nas redes sociais. “Temos un positivo sin ningún síntomas nun dos nosos pobos”, indicaba o rexedor.

Ademais explicaba que as persoas que estiveron en contacto con ese caso están confinadas nas súas casas “sen ningún tipo de síntomas”. Ademais informa de que “toda novidade que haxa sobre o covid, agora, coma sempre, será publicada. Todo dende o respecto”.

O rexedor tamén asegura que “somos un pobo enorme do cal cada día me sinto máis orgulloso. Somos responsables e solidarios. Extrememos a precaución. Sempre saímos de todo xuntos porque só sabemos facelo así. (…) A única solución é o respeto máximo as normas”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close