CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un positivo por Covid no CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

É o primeiro caso confirmado na comarca, fóra do Barco de Valdeorras

 

Ata o de agora a comarca de Valdeorras unicamente rexistraba positivos de coronavirus nos centros educativos do Barco pero na xornada deste sábado 10 de outubro a Xunta de Galicia vén de notificar o primeiro caso nun colexio noutro concello. Trátase do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá que conta neste momento con 1 positivo.

No resto de colexios mantéñense os datos de onte. Así o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas ten 3 positivos; o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira, 5; o CPR Plurilingüe Divina Pastora, 5; o IES Martaguisela, 4 e unha aula pechada; e o IES Lauro Olmo 2, segundo os datos facilitados pola Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button