ConcellosO BarcoÚltima hora

Un positivo por Covid no Colexio Divina Pastora do Barco

Colexio Divina Pastora no Barco.

 

Dende a Xunta de Galicia vén de notificarse nesta mañá un positivo por Covid no Colexio Divina Pastora do Barco, se ben neste centro non se pechou ningunha aula. Este dato súmase ao do positivo comunicado onte no CEIP Condesa de Fenosa desta mesma vila, onde si se procedía ao peche dunha aula.

Nos listados que facilita a Consellería de Educación inclúense neste sábado 26 de setembro un total de 40 positivos en centros escolares da provincia de Ourense e escolas infantís, así como 8 aulas pechadas.

 

Artigos relacionados

Back to top button