ConcellosO BarcoÚltima hora

Un positivo por Covid no IES Lauro Olmo do Barco

O IES Lauro Olmo do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Continúan rexistrándose casos positivos de coronavirus en centros educativos do Barco. Así, dende a Xunta de Galicia vén de notificarse neste 1 de outubro un positivo no IES Lauro Olmo do Barco.

No resto de colexios mantéñense os datos. Así o Colexio Divina Pastora confirma 4 positivos, mentres que o CEIP Condesa de Fenosa ten 1 positivo, ademais dunha aula pechada; o CEIP Julio Gurriarán rexistra outro positivo e no CEIP Otero Pedrayo de Viloira son 2 os casos de Covid, seguindo a información que facilita a Xunta de Galicia.

Nos centros de ensino da provincia de Ourense rexístranse nesta xornada un total de 82 positivos e 10 aulas pechadas. A maior parte deles corresponden a colexios da cidade de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button