CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un profesor do Politécnico de Vigo, natural de Soutipedre (Manzaneda), gana o 1º premio do concurso tecnolóxico Don Bosco

Xunto a dous alumnos, Luis Diéguez recollía en Zaragoza o galardón nacional na categoría de Tecnoloxías da Información e a Comunicación polo proxecto “Braythonduino”

Luis Diéguez e os dos alumnos do Politécnico de Vigo Diego Martínez González Javier Falque García, cos diplomas. /Foto cedida.

 

Apenas tres días antes de que se decretara o estado de alarma pola pandemia do coronavirus, o Colexio Salesianos de Zaragoza entregaba os galardóns da 33 edición do premio nacional Don Bosco ao deseño e innovación tecnolóxica, no que participaban 57 proxectos de toda España nas áreas de Industrial, Ciencias e Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Innovación Tecnolóxica.

Nesta última área, na categoría de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC’s), o primeiro premio era para o proxecto “Braythonduino”, elaborado por Luis Diéguez González, natural de Soutipedre no concello de Manzaneda, e dous dos seus alumnos no IES Politécnico de Vigo: Diego Martínez González e Javier Falque García.

Esta non era a primeira vez que Luis (profesor titular do Instituto e profesor asociado do Departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática da Universidade de Vigo), participaba no concurso como coordinador. O primeiro ano foi cun dron feito polos alumnos e o ano pasado cunha casa domótica controlada por Arduino como servidor web (software e hardware libre) co que que xa ganaran o premio nacional ao mellor proxecto de proxección social. E desta volta, facíanse de novo cun dos primeiroa premios nacionais pero na categoría de TIC’s, cun proxecto  que “pretende crear un sistema electromecánico de baixo custo para que as persoas con xordo-cegueira poidan comunicarse”.

 

Artigos relacionados

Back to top button