EconomíaEconomíaViticultura

Un proxecto de investigación permitirá garantir a orixe do viño en Valdeorras

En colaboración coa Universidade de Vigo, o Ingacal e Feuga, elaborarase un modelo de autentificación
Plantación de mencía en Valdeorras.

Ao longo dos tres próximos anos levarase a cabo un proxecto de investigación no territorio amparado pola denominación de orixe, cuxo obxectivo é “garantir a orixe do viño en Valdeorras á marxe da súa etiquetaxwe”.

Este proxecto (ao que a Xunta destinará case 100.000 euros) liderado polo C.R.D.O. Valdeorras, en colaboración coa Universidade de Vigo, o Ingacal e Feuga contribuirá, en palabras de José Luis García Pando, presidente da D.O. “a evitar o fraude en canto á procedencia das variedades de uva que fan singulares os nosos viños”, engadindo que “a través deste modelo tamén se daría un paso máis na optimización da trazabilidade do produto”.

Así, mediante métodos científicos como a cromatografía de líquidos ou a espectofotometría de masas, os axentes implicados no desenvolvemento deste proxecto de investigación poderán analizar e diferenciar os parámetros básicos e os principais compostos volátiles do viño. Todo isto permitirá obter unha completa base de datos que posibilitará que se identifique e se asegure a procedencia de todos os viños valdeorreses.

O traballo realizarase en tres fases. Nunha primeira decidirase que mostras se tomarán e que adegas e marcas participarán na investigación. Posteriormente comezará o proceso de recollida de datos e,  inalmente, redactaranse as conclusións.

 

Artigos relacionados

Back to top button