CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Un Quixote ourensán

O investigador César Brandariz abordaba a relación de Miguel de Cervantes coa provincia nunha conferencia na Biblioteca de Verín

Unhas 70 persoas seguían na tarde do 22 de abril a conferencia “Quixote galego” que o investigador César Brandariz impartía na Biblioteca Pública Municipal de Verín. Nela afondaba da relación de Miguel de Cervantes con Galicia e en como iso se aprecia no seu libro máis universal: O Quixote.

Así Brandariz aportaba evidencias (flora, fauna, aspectos etnográficos) que aparecen na devandita obra e que son imposibles de atopar na Mancha. Ademais tamén amosaba unha proba da estancia de Miguel de Cervantes coma alumno no colexio Xesuita de Monterrei.

Esta conferencia, que foi presentada pola concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza, era un dos actos incluídos na “Semana adicada ao Día do Libro” na Biblioteca Pública de Verín, que tamén incluía actividades de fomento da lectura como contacontos.

Fotos cedidas pola Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button