ConcellosÚltima hora

Un raio causa un incendio nunha vivenda en Vilardevós

 

Arredor das dez da pasada noite, un raio producía un incendio nunha vivenda de Vilardevós, en A Devesa Rúa Italiana. “Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais e unicamente ardeu o diferencial da casa situado no baixo da vivenda, véndose afectado algo do tellado, segundo informa o 112 Galicia, que recibía un aviso dos habitantes da vivenda indicando que “vían saír fume do baixo pero que se atopaban nunha zona lonxe do lume e que podían saír da vivenda sen problema”.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Verín, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os membros do GES da Gudiña, o servizo provincial de incendios e o persoal da empresa de electricidade que abastece a zona.

Artigos relacionados

Back to top button