ConcellosEducaciónÚltima hora

Un rap do CEIP do Bolo, premiado no concurso galego “Fai Eco do Lóxico”

Un vídeo presentado polo centro, no que os estudantes interpretan un rap para amosar as vantaxes dos produtos ecolóxicos, ganaba na categoría de educación primaria
Alumnos do Bolo que participaron neste traballo ganador./ Foto: CEIP O Bolo.

O CEIP do Bolo vén de resultar ganador da segunda edición do concurso a nivel autonómico “Fai Eco do Lóxico”, convocado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional co gallo de recoñecer o esforzo da comunidade educativa para achegarse aos valores deste tipo de produción.

O traballo presentado polo centro educativo valdeorrés, e que resultou gañador na categoría de educación primaria “pola súa orixinalidade e calidade”, foi un vídeo no que os estudiantes interpretan un rap para defender as ventaxas dos produtos ecolóxicos frente aos produtos convencionais.

Artigos relacionados

Back to top button