En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un refacho de vento levanta parte da cuberta da Casa da Cultura de Viana

A treboada caída na tarde-noite deste venres tamén provocaba a caída dunha árbore na estrada de San Agostiño en Viana e outra no municipio de Larouco

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activaba o aviso amarelo por vento para a xornada deste venres 6 de novembro na montaña ourensá, e non fallaban as previsións. Polo menos no municipio de Viana do Bolo que sufrían os efectos da treboada que descargaba en torno ás nove da noite, con chuvia, aparato eléctrico e sobre todo vento.

Apenas durou uns minutos pero a intensidade dun refacho de vento levantaba parte da cuberta da Casa da Cultura vianesa provocando ademais outras incidencias como o derribo dun castiñeiro sobre a estrada de San Agostiño, preto do núcleo urbano. Este feito provou o corte da estrada durante o tempo que lle levou aos operarios do Concello retirar a árbore.

 

Retirando a árbore caída onte pola noite na estrada de San Agostiño, en Viana.

 

Incidencias en Larouco

O forte vento tamén provocaba a caída dunha árbore sobre unha liña eléctrica no municipio de Larouco, deixando durante unhas horas a todo o concello, Portela e Freixido (de Petín e Larouco) sen luz. “Sei que non ter suministro eléctrico é algo moi incómodo, pero teñamos paciencia por favor”, pedía a alcaldesa Patricia Lamela a través das redes sociais. Tralos traballos da brigada da garda o servizo quedaba restablecido pasadas as 00:30. “Tomaremos as medidas que estean na nosa man para que non volva ocurrir”, asegura a alcaldesa.

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button