En portadaÚltima hora

Un relato visual e narrativo dos procesos de extracción da lousa

O arquitecto Carlos Quintáns e o fotógrafo Juan Rodríguez presentaban en Ourense o libro "La pizarra. Extracción", editado polo Clúster da Pizarra de Galicia

 

Os procesos da extracción da lousa, a súa historia, a súa evolución ao longo do tempo e co territorio reflexanse nos textos e imaxes do libro “La pizarra. Extracción”, editado polo Clúster da Pizarra de Galicia, que se presentaba no mediodía deste 12 de decembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense coa asistencia de diversas autoridades e cunha notable presenza do sector.

O acto iniciábase coas intervencións do presidente do Clúster, Víctor Cobo, así como do xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Santiago Álvarez; da alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González; do deputado responsable da Área de Cooperación da Deputación de Ourense, Pablo Pérez; e do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso.

 

 

Este novo libro dalle continuidade ao traballo “La pizarra, Galician & Spanish Slate”  xa publicado no 2010. Cun deseño moi novidoso, conta con textos de Carlos Quintáns e imaxes fotógrafo Juan Rodríguez, que se realizaron visitando diversas canteiras de lousa valdeorresas. O traballo tamén analiza os primeiros procesos de elaboración dende un plantexamento eminentemente plástico. Ambos explicábanlle aos asistentes a pretensión e contidos deste volume.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button