DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un roteiro para descubrir camiñando o engado de Manzaneda

A sétima edición da andaina organizada por este Concello reunía o 12 de xuño a un cento de persoas

A vila medieval de Manzaneda era o punto de partida do percorrido. Facíano un cento de persoas de diferentes puntos de Galicia que comezaban o traxecto ás nove da mañá dende escola desta localidade. A partires de aí afrontaban un traxecto duns 19 kms que lles permitía desfrutar de engaiolantes paisaxes de montaña, da arquitectura popular de diferentes pobos, así como de masas forestais como touzas e soutos. Deporte, natureza e patrimonio engarzábanse un ano máis na VII Andaina de Manzaneda, promovida polo Concello en colaboración coa súa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Os participantes completaban o circuíto da ruta, na que había dous avituallamentos, nunhas catro horas. Asemade, como acontecía o pasado ano, desta volta había tamén unha proba (non competitiva) de BTT, cunha distancia máis longa. Ao rematar todos os participantes, tanto camiñantes como ciclistas, compartían un xantar ofrecido pola organización. Esta actividade tiña tamén un carácter solidario, xa que unha parte do custo das inscricións destinarase á Cruz Vermella Valdeorras.

Dende o Concello de Manzaneda agradeceuse o apoio dos colabadores da proba, así como dos participantes, e das agrupacións de Protección Civil de Maceda, Parada de Sil, A Veiga e Petín que colaboraron coa organización.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis fotos e información sobre a proba de BTT:
https://osil.info/case-40-km-en-btt-polas-terras-de-manzaneda/

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button