ConcellosÚltima hora

Un singular mural no inicio do camiño das Covas de Seadur (Larouco)

Imaxe do mural que reproduce, a modo de mapa, o entorno das covas de Seadur (Larouco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

A través dun coidado e orixinal mural, os veciños de Seadur (Larouco) homenaxean á súa tradición vitivinícola e a unha exitosa celebración que organizan dende hai xa quince anos: o Camiño das Covas. A pintura, obra do valdeorrés José Luis Prieto “Lilí”, reproduce un mapa coa ubicación de cada unha das adegas e co nome das que, cando menos nalgunha edición, participaban nesta festa anual.

O mural, situado xusto do inicio do camiño cara as covas, ten un marco singular: a recreación dunha prensa de viño, realizada por un carpinteiro, Luis A. Blanco Carracedo da Rúa, e por un ferreiro, Darío Abelaira Alvarez da Portela de Portomourisco.

A súa “estrea” tiña lugar no marco do pasado Camiño das Covas de Seadur, celebrado a finais de marzo. Gustaba tanto, que boa parte das persoas que participaban nesta edición da festa facíanse selfies nel.

Artigos relacionados

Back to top button