SanidadeÚltima hora

Un total de 35 residentes rematan a súa formación nas unidades docentes de Ourense

Sete son de Medicina Familiar e Comunitaria; tres de Anestesioloxía e Reanimación; dous de Pediatría e Áreas Específicas; e un no resto de especialidades médicas: Medicina Preventiva, Dixestivo, Hematoloxía, Medicina Intensiva, Medicina Interna, Psiquiatría, Radioloxía e Radiodiagnóstico; Xinecoloxía, Cirurxía Xeral, Otorrinolaringoloxía e Traumatoloxía

 

Os novos especialistas no exterior do CHUO en Ourense.

 

Sae unha nova promoción de especialistas das unidades docentes da provincia de Ourense. Comisión de Docencia, equipo directivo, titores e profesionais da Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense despedían na mañá do 16 de maio aos trinta e cinco residentes que remataron este curso a súa formación posgrao, iniciando súa carreira profesional como médicos, psicólogos, farmacéuticos ou enfermeiras especialistas nas distintas disciplinas hospitalarias e de atención familiar e comunitaria.

“Curiosamente, esta nova promoción das unidades docentes de Ourense fai patente un máximo histórico da tendencia dos últimos anos cara a feminización dos profesionais das ciencias da saúde, con só tres homes fronte a trinta e dous mulleres, o que se extende a tódalas especialidades”, destacan dende o Sergas.

O acto de clausura do Curso Académico 2017-18 comezaba cunha conferencia a cargo de Roberto Fernández Álvarez, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, do Punto de Atención Continuada de Allariz, que abordou precisamente algúns destes cambios no perfil profesional e na valoración da entre a poboación dos especialistas da saúde.

Por especialidades, os residentes que remataron súa formación como especialistas, sete son de Medicina Familiar e Comunitaria; tres de Anestesioloxía e Reanimación; dous de Pediatría e Áreas Específicas; e un no resto de especialidades médicas: Medicina Preventiva, Dixestivo, Hematoloxía, Medicina Intensiva, Medicina Interna, Psiquiatría, Radioloxía e Radiodiagnóstico; Xinecoloxía, Cirurxía Xeral, Otorrinolaringoloxía e Traumatoloxía.

Os nove restantes remataron súa formación postgrao nas especialidades de Enfermería así como en Psicoloxía Clínica, Farmacia Hospitalaria e Análises Clínicos. Ourense despide a súa primeira promoción de Enfermería Enfermería Familiar e Comunitaria, con dúas novas especialistas, asi como dúas respectivamente de Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica, e de Saúde Mental.

 

Artigos relacionados

Back to top button