OurenseÚltima hora

Un total de 39 equipos competirán esta fin de semana na II Subida a Taboadela

Entre os favoritos destacan Pablo Rey cun Fórmula Outeda, Abraham Vázquez con outro monopraza Outeda, Jonathan Abadín cunha barqueta do mesmo preparador, e Roberto Guerrero cun Forwin RS19

Presentación da II Subida a Taboadela.

 

Esta fin de semana (2 e 3 de novembro) disputarase a II Subida a Taboadela, unha proba automobilística que destaca por un “trazado rápido que une Taboadela co alto do mesmo nome”, segundo apuntaba na presentación o presidente do Comité Organizador, Roberto Blanco.

No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Taboadela, Álvaro Vila; o responsable do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; e o representante dos patrocinadores, David Gómez de Roderourense Nissan.

Na carreira inscribíronse 39 equipos e entre os favoritos destacan Pablo Rey cun Fórmula Outeda, Abraham Vázquez, tamñen cun monopraza Outeda, Jonathan Abadín cunha barqueta do mesmo preparador, e Roberto Guerrero cun Forwin RS19. No apartado de carrozados, os principais pilotos son: Jorge Pérez cun BMW M3, Javier Carballo cun Ford Escort e Luis Miguel Vidal cun Renault Clío Williams.

Artigos relacionados

Back to top button