EconomíaÚltima horaViticultura

Un total de 57 mostras de viño, na XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras

Oito catadores especializados avaliaron varias mostras de viño da Denominación de Orixe nun acto celebrado hoxe, 10 de xullo, na sede do Consello Regulador

 

Un total de oito catadores analizaron a mañá deste venres, 10 de xullo, un total de 28 referencias de brancos e 29 tintos da Denominación de Orixe de Valdeorras nas instalación do consello regulador, en Vilamartín. Fixérono dentro da vixésimo primeira edición da Cata Oficial dos Viños de Valdeorras que este ano abriuse a todas as adegas da amparadas.

 

Un dos expertos que participaron na cata.

 

José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, afirmou que a cata suporá un “escaparate promocional para os nosos brancos e tintos” e que substitúe á tradicional Feira do Viño que finalmente viu cancelada a súa celebración como medida preventiva fronte á pandemia do coronavirus. “Por iso, a cata (que tradicionalmente só ía dirixida a aquelas adegas que participaban na feira con espazo expositor de seu) abriuse desta vez a todas as interesadas e 23 delas remitíronnos mostras para seren avaliadas”.

 

Fotografías tomadas durante a cata.

 

A entrega de premios da cata celebraráse nun acto público o vindeiro día 31 de xullo na comarca. Distinguiránse os tres mellores brancos e os tres mellores tintos ademáis dunha mención especial para viños de anteriores colleitas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button