SanidadeÚltima hora

Un traballador dunha residencia de discapacitados ourensá, positivo en Covid

Nas residencias de maiores hai 67 usuarios con coronavirus e 17 traballadores, segundo Sanidade

 

Entre os novos positivos en Covid rexistrados nas últimas horas figura 1 traballador da residencia de discapacitados As Flores (Ourense), segundo os últimos datos publicados pola Consellería de Sanidade. Con respecto ás residencias de maiores galegas, son xa 67 os usuarios con coronavirus e 17 os traballadores.

Así, en canto aos residentes, os datos por centros son os seguintes: 10 na Residencia Orpea Coruña de Culleredo (onde se rexistraba tamén un falecemento) e 57 na Residencia O Incio (O Incio).

No que atinxe aos casos activos de traballadores, a distribución por centros de maiores é a seguinte: 4 na Residencia Orpea Coruña (Culleredo), 1 na Residencia DomusVi Monforte (Monforte), 8 na Residencia O Incio (O Incio), 1 na Residencia de Maiores de Paradela, 1 na Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove), 1 na Residencia DomusVi Barra de Miño (Coles) e 1 na Residencia DomusVi Lalín.

Artigos relacionados

Back to top button