SanidadeÚltima hora

Un traballador dunha residencia de maiores de Arnoia, positivo en Covid

 

Unha xornada máis, soben as cifras de positivos por coronavirus nas residencias de maiores de Galicia. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade, son 99 os usuarios contaxiados e 39 os traballadores. Entre estes últimos figura un traballador da residencia Nosa Señora do Socorro (Arnoia).

No que se refire aos residentes a distribución dos casos activos é a seguinte por centro: 11 na Residencia Orpea Coruña (Culleredo), 87 na Residencia O Incio (O Incio) e 1 Residencia DomusVi Lalín.

Os positivos de traballadores son: 4 na Residencia Orpea Coruña (Culleredo), 1 na Residencia DomusVi Monforte, (Monforte), 26 na Residencia O Incio (O Incio), 1 Residencia de Maiores de Paradela, 1 na Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove), 1 na Residencia DomusVi Barra de Miño (Coles), 2 na Residencia DomusVi Lalín, 1 na Residencia Volta do Castro (Santiago), 1 na Residencia Os Tercios (Touro) e 1 na Residencia Nosa Señora do Socorro (Arnoia).

Tamén se mantén un traballador positivo na Residencia de discapacidade As Flores (Ourense).

 

Artigos relacionados

Back to top button