SanidadeÚltima hora

Un traballador dunha residencia de maiores de Monforte, positivo en Covid

Ademais hai 65 usuarios positivos no centro de maiores lucense do Incio e catro traballadores

 

Notable incremento en casos activos de Covid en residencias de maiores de Galicia, cun total de 76 usuarios e 10 traballadores. Así na actualización que vén de facer pública hoxe a Consellería de Sanidade inclúese a un traballador positivo da Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos), a 65 usuarios positivos Residencia O Incio (O Incio) e a 3 novos traballadores positivos desta mesma residencia.

Así, o total de casos activos entre os usuarios de centros de maiores galegos ascende a 76 usuarios, sendo os 11 restantes da Residencia Orpea Coruña (Culleredo). No que se refire a traballadores, son un total de 10 a nivel galego, coa seguinte distribución por centros: 2 na Residencia Orpea Coruña (Culleredo), 1 da Residencia DomusVi Monforte (Monforte), 4 na Residencia Maiores O Incio (O Incio), 1 na Residencia de Maiores de Paradela, 1 na Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove) e 1 na Residencia DomusVi Barra de Miño (Coles).

Artigos relacionados

Back to top button