OurenseÚltima hora

Un traballador perde a vida en Gustei (Coles)

 

A primeira hora desta tarde un operario perdía a vida en Gustei, no concello ourensán de Coles. “O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos, pouco antes das 15:00 horas, a través dos servizos sanitarios, que comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata este punto”, segundo informa o 112 Galicia.

De xeito inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deron aviso a Protección Civil de Coles e á Garda Civil. Ademais, tamén foi informado o GES do Pereiro de Aguiar.

“Xa no lugar, os equipos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do traballador. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar, o operario puido sufrir unha indisposición”, indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button