CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un traballo do IES Carlos Casares de Viana, publicado no espazo dixital Abalar da Consellería de Educación

O programa, elaborado por dez docentes do instituto, ten como tema transversal o Covid-19

 

O ano pasado, en plena pandemia, dez profesores do IES Carlos Casares de Viana do Bolo decidían elaborar un traballo interactivo centrado no Covid-19, que se puxo en práctica na aula nese mesmo curso escolar 2020/2021 e que agora está publicado no portal de contidos repositorios Abalar da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Tal como explican dende o centro educativo, o traballo consta de 10 unidades didácticas orientadas cara ao primeiro ciclo da ESO, tanto para o 1º como para o 2º curso, en formato aula virtual Moodle/E-Dixgal para diferentes áreas: a Inglés, creada por Mariel Cuervo Sánchez; a de Música, creada por Cristina de la Rosa Pascual); a de Bioloxía e Xeoloxía, creada por Javier Feliz Villamarín; a de Lingua Castelá e Literatura, creada por Marta Fernández Carreira;  a de Lingua Galega e Literatura, creada por José Luis Míguez Acuña; a de Educación Física, creada por Emilia Touriño Campelo; a de Física e Química, creada por Pablo Vázquez Varela; e a de Matemáticas, creada por Luis Felipe Crende Foubelo, Laura Tomé Fernández e Ovidio Villar Marcos. Cada unidade inclúe unha guía didáctica propia de estándares, contidos e recomendacións.

 

 

Coordinado polo vicedirector, Ovidio Villar,  son dous os motivos que fan que este traballo sexa de interese educativo e social. Por unha banda, o feito de que todas as unidades teñen como tema transversal o Covid-19, algo tan necesario como de actualidade; e por outro, o enfoque dende o punto de vista das diferentes áreas curriculares: virus, contaxios, aerosois, estatísticas, análise de textos e, por suposto, saúde e coidados. Neste sentido, esta aula virtual é de perfil único nos reposiorios Abalar.

Ademais de estar publicado no seguinte enlace da web da Xunta: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazo/repositorio/cont/covid-19-vista-dende-o-enfoque-das-diferentes-areas-curriculares, o traballo tamén foi publicado polo propio instituto en formato CD.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button