OurenseÚltima hora

Un tremor de terra con epicentro en Melgaço (Portugal) déixase sentir no sur da provincia de Ourense

O 112 Galicia recibía na noite do sábado 17 de novembro unha trintena de chamadas tras percibirse o movemento sísmico, que non causaba danos persoais nin materiais

 

Ribadavia foi un dos concellos ourensáns onde se sentiu o tremor./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No sur das provincias de Ourense e Pontevedra deixábase sentir na noite do sábado 17 de novembro un tremor de terra con epicentro en Melgaço (Portugal) e magnitude 3,8 deixouse. Preto dunha trintena de veciños contactaban co 112 Galicia tras precibir o movemento sísmico que escasos minutos despois confirmaba o Instituto Xeográfico Nacional.

“Os primeiros efectos do tremor comezáronse a sentir ao fío das nove da noite de onte, cando o 112 Galicia iniciou diversa comunicacións con veciños de diversos concellos, como Crecente, Arbo, Vigo, Pontevedra, As Neves, Ponte Caldelas, Toén, Padrenda, Ribadavia, Lobios, Boborás, Celanova e O Carballiño”, segundo o 112 Galicia. Tamén se sinala dende esta entidade que, “con todo, ninguén resultou ferido e, pese ao movemento que algúns veciños aseguraron sentir no interior das súas vivenda, ningún inmoble sufriu danos”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close