ConcellosQuirogaÚltima hora

Un tren, con máis de 200 pasaxeiros, sofre unha avaría ao golpear varias pólas en Quiroga

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un tren tivo que deter a súa marcha no termo municipal lucense de Quiroga logo de golpear unhas pólas e sufrir unha avaría arredor das once desta mañá de luns 6 de setembro. “Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo persoal de seguridade de Adif, no convoi, que cubría a ruta entre Barcelona e Vigo, ían un total de douscentos dous pasaxeiros, que resultaron ilesos”, tal e como vén de informar o 112 Galicia.

Os feitos sucederon na vía férrea lindeira á N-120, á altura do seu punto quilométrico 481, preto das once e media da mañá.

Foi, nese momento, cando o 112 Galicia recibiu a alerta do suceso a través de Adif e axiña, desde o CIAE 112 Galicia informouse á Garda Civil, aos Bombeiros de Monforte, á Policía Local, ao GES de Quiroga e a Protección Civil, como medida preventiva por se fose precisa a súa intervención.

Artigos relacionados

Back to top button