ConcellosÚltima hora

Un tren, obrigado a deterse en Rubiá por unha avaría na catenaria

 

Un tren que cubría a ruta entre Ponferrada e Vigo víase obrigado a deterse no municipio de Rubiá debido a unha rotura da catenaria ao quedar enganchado o pantógrafo. Sucedía preto de Quereño arredor das nove da noite do 24 de decembro, preto do punto quilométrico 283,800 da liña férrea.

“Así o confirmou a empresa encargada da infraestrutura férrea ao 112 Galicia. Ningunha das persoas que viaxaba no tren resultou ferida. Debido á avaría, a pasaxe foi traslada en autobús ata o seguinte apeadoiro onde un outra locomotora os levaría ata Monforte, para así poder rematar a súa viaxe”, segundo o 112 Galicia.

Así, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil e dos Bombeiros e GES de Valdeorras. “Nestes intres, a liña atópase interrompida nese punto para que así o persoal de Adif poida traballar na recuperación do servizo”, segundo informaba nesta mañá o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button