EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un Túnel do Viño, entre os actos das Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

Está previsto para o vindeiro 1 de novembro no Barco e contará cun máximo de 35 referencias

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre as actividades que se desenvolverán no marco das novenas Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño de Valdeorras figura un Túnel do Viño coa coa presentación dun máximo de 35 referencias de viños das adegas participantes. Terá lugar o domingo 1 de novembro (de 11h a 14h.) na Casa do Río Cigüeño do Barco e será impartido por Alejandro Paadín, vicepresidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia.

A actividade terá un aforo máximo de 30 participantes e para participar será imprescindible realizar reserva previa. O custo da inscrición será de 10 euros por persoa.

Durante esta actividade establecérase un circuíto de entrada e saída, mantendo a distancia entre as persoas, para desfrutar do túnel e garantir as medidas de seguridade sanitaria fronte ao Covid.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close