ConcellosÚltima hora

Un valdeorrés no novo goberno municipal de Santiago

Ramón Quiroga, natural da Rúa, vén de asumir as competencias en Facenda no consistorio compostelán
O rues Ramón Quiroga, (primeiro pola esquerda na parte superior da imaxe) na constitución do novo goberno local de Santiago.
O rues Ramón Quiroga, (primeiro pola esquerda na parte superior da imaxe) na constitución do novo goberno local de Santiago.

Dende o 9 de xullo Santiago de Compostela conta cun novo goberno municipal ao fronte do cal está o ex conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. O seu equipo está formado por trece concelleiros, pero só ten nove delegacións da alcaldía, unha menos que ata o de agora.

E dentro deste novo grupo de goberno popular está o valdeorrés Ramón Quiroga Limia, que se sitúa ao fronte da Concellería de Facenda, con competencias nas áreas de presupostos, compras e suministros e xestión tributaria.

Quiroga Limia, natural da Rúa, é licenciado en Dereito e funcionario do Corpo Superior da Administración autonómica. Ata a actualidade ten desenvolvido diversos postos como alto cargo na Xunta, entre eles, o de subdirector xeral de Promoción e Igualdade na Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button