EconomíaEconomíaÚltima hora

Un vale de 200 euros para a fotografía máis popular en Facebook do Día do Pai, da man do CCA O Barco

Os protagonistas da foto, ganadora por votación popular, convertirase na imaxe da asociación

 

 

Un ano máis a Asociación Centro Comercial Aberto do Barco pon en marcha a súa campaña para celebrar o Día do Pai (19 de marzo) que se levará a cabo entre o 4 e o 23 deste mes.

Baixo o lema “Papá, ti es o máis grande”, a campaña propón un concurso de fotografías a través das redes sociais. En concreto, os participantes deberán publicar unha foto co seu pai nos seus perfís de Facebook e etiquetar ao Centro Comercial Aberto @CCABarco.

A foto con máis me gusta será a ganadora. Os seus protagonistas serán premiados cun vale de compra por valor de 200 € que deberán gastar nos establecementos asociados nun máximo de catro horas (mañá ou tarde). Además, pai e fillo ou filla convertiranse na imaxe da Asociación Centro Comercial Aberto.

A fotografía ganadora darase a coñecer a través de Facebook o martes, 24 de marzo.

Artigos relacionados

Back to top button