En portadaÚltima hora

Un veciño de Coedo localiza ao septuaxenario desaparecido en Viloira

Estaba vivo nunha balsa de lodo nas proximidades dunha nave de lousa na zona barquense de Coedo
Membros dos equipos emerxencias rescatando ao veciño de Viloira do lodo./ Foto: Carlos G. Hervella.
Membros dos equipos emerxencias rescatando ao veciño de Viloira do lodo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras horas de angustia, a búsqueda de Paco Arias, o septuaxenario de Viloira (O Barco) que desaparecía na noite do 19 de novembro, remataba ben. Pasadas as cinco da tarde e mentres daba un paseo co seu can, o barquense Chucho Fernández atopaba ao desaparecido nunha balsa de nata próxima a unha nave de lousa en Coedo (O Barco), nunha zona coñecida como As Pías. Estaba cuberto ata a cintura, pero consciente e xogando co lodo. Tras falar con el e dicirlle que estivera tranquilo, Fernández avisaba aos equipos de emerxencia.

Chucho de Coedo, a persoa que atopou ao desaparecido, no lugar no que foi rescatado./ Foto: Carlos G. Hervella.
Chucho de Coedo, a persoa que atopou ao desaparecido, no lugar no que foi rescatado./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Non sabes a alegría que teño de habelo atopado, para min é unha satisfacción moi grande habelo visto”, confesaba emocionado Chucho Fernández, mentres os membros do dispostivo de emerxencia procedía a rescatalo do lodo. Tamén contaba como na tarde do 20 de novembro, tras xantar, a súa muller animábao a dar un paseo co seu can. Pero antes, recoméndaballe pasar preto da capela de Coedo, adicada a San Antón. Así o fixo. E, de seguido, mentres daba unha volta, sen saber moi ben por qué, decidía cambiar o seu percorrido habitual ata dirixirse á zona das Pías. Foi alí onde atopaba ao veciño de Viloira.

Membros do Equipo de Montaña da Garda Civil de Trives, co can de rastrexo durante as labores de búsqueda a primeira hora da tarde do 20 de novembro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Membros do Equipo de Montaña da Garda Civil de Trives, co can de rastrexo durante as labores de búsqueda a primeira hora da tarde do 20 de novembro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Deste xeito remataba a búsqueda que dende primeira hora da mañá do 20 de novembro levaban a cabo a Garda Civil (que contaba ademais co apoio dun helicóptero e con membros do equipo de montaña e cun can de rastrexo), o GES do Barco, Protección Civil así como numerosos veciños de Viloira, e outras zonas do Barco como San Roque ou Os Nidos, que de maneira voluntaria se sumaron ao dispositivo para tratar de localizar a este septuaxenario que padece Alzheimer.

No operativo de búsqueda tamén participaba o GES do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
No operativo de búsqueda tamén participaba o GES do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Panorámica de Viloira (O Barco), localidade de Paco Arias./ Foto: Carlos G. Hervella.
Panorámica de Viloira (O Barco), localidade de Paco Arias./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras ser restacatado do lodo, Paco Arias foi trasladado ao Hospital Comarcal Valdeorras do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button