ConcellosÚltima hora

Un veciño de Ribas de Sil, trasladado en helicóptero tras cortarse coa máquina que manexaba

 

Esta mañá un veciño do municipio lucense de Ribas de Sil resultaba ferido ao sufrir un accidente cando traballaba na súa casa cunha rebarbadora. O suceso tiña lugar ás 10:00 horas. A súa dona chamaba ao 112 Galicia para solicitar axuda e indicaba que o accidente ocorrera na casa, situada nos Vilares, Torbeo, no concello lucense de Ribas de Sil, segundo informa o 112 Galicia.

De inmediato os xestores do 112, alertaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para evacuar ao paciente ata o Hospital de Monforte.

Os axentes da Garda Civil, os membros do GES de Quiroga e os efectivos de Protección Civil da localidade, tamén foron informados dos feitos polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button