ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un vehículo cae ás augas do regato Candís, no Barco

Pasados uns minutos das 06.30h. da mañá do 16 de xaneiro unha chamada alertaba aos servizos de emerxencias de Galicia dun accidente en Candís, no Barco. Un vehículo que circulaba pola N-536 saíase da estrada e envorcaba no regato de Candís. De seguido, trasladábanse ao lugar o GES de Valdeorras, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Valdeorras así como persoal de Urxencias Médicas.

Como consecuencia da posición na que quedou o coche tras a caída, un dos seus ocupantes estaba atrapado no interior, en concreto, unha menor que necesitou da axuda dos efectivos do GES de Valdeorras para poder saír. Tras ser liberada, foi atendida polos sanitarios e trasladada ao Hospital Comarcal Valdeorras. En cambio, o condutor puido saír do coche polos seus propios medios.

Artigos relacionados

Back to top button