A VeigaConcellosÚltima hora

Un vehículo cae por un terraplén mentres circulaba por unha estrada da Veiga

 

Arredor 13:15h. deste sábado producíase un accidente de tráfico na estrada OU-129, en concreto no punto quilométrico 7.5, no municipio valdeorrés da Veiga, segundo informa o 112 Galicia. Un condutor resultaba ferido despois de caer co seu vehículo (sen carné) por un precipicio cando circulaba pola citada vía á altura de Castromao

O 112 Galicia recibía a chamada dun particular que informaba do accidente, sen saber explicar o que sucedera pero indicaba que podía haber persoas feridas. “Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros e ao GES, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade”, informa o 112 Galicia.

Ademais, unha vez chegaron os bombeiros ao punto, “confirmaron que non foi preciso excarcerar. Aínda así colaboraron co persoal sanitario na evacuación do ferido, que puido saír polos seus propios medios do interior do vehículo”, indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button