ConcellosEn portadaÚltima hora

Un Via Crucis rodeado polos cumes de Trevinca

O vindeiro Xoves Santo celebrarase o XVIII Via Crucis da Serra, que sairá ás 15h. dende o Alto da Portela
Un dos momentos da pasada edición do Via Crucis da Serra./ Foto: Carlos G. Hervella.

Son xa dezaoito anos os que leva celebrándose o denominado “Via Crucis da Serra”, un percorrido relixioso que se realiza cada Xoves Santo entre o Alto da Portela e Lamalonga (A Veiga). Conmemora a paixón e morte de Cristo nun longo traxecto de máis de 14 quilómetros e quince estacións en granito, realizadas polo artista Pepe de Barrio. A derradeira, a da Resurrección, está situada á entrada de Lamalonga, pobo natal deste escultor.

Nesta Semana Santa este Via Crucis terá lugar o 29 de marzo, tamén Xoves Santo. Comezará a partires das 15h. dende o Alto da Portela. Ao rematar, os participantes serán agasallados pola organización (en mans da Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga “Pepe de Barrio”) con chocolate quente.

 

Os participantes no Via Crucis, cubrindo o treito entre dúas estacións./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close