Un videoclip de Mílson’s pon en valor a Ribeira Sacra e a Festa dos Fachós de Castro Caldelas

A presentación terá lugar mañá ás 12h. no Castelo, contando coa presenza do actor Rubén Riós e as actuacións en directo de Andrea Pousa e Bruxo Queiman

O Castelo de Castro Caldelas, o Mirador das Penas de Matacás de Castro Caldelas ou o Mosteiro de San Paio, son algúns dos lugares emblemáticos da Ribeira Sacra que aparecen no vídeo promocional rodado nos Fachós de Castro Caldelas por Mílson’s para dar a coñecer a historia, tradición, paisaxe, cultura, patrimonio desta paraxe e a un tempo promocionar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade que será presentado mañá.

O acto terá lugar ás 12h. no Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas e contará coa presencia do Presidente da Deputación de Ourense, o Vicepresidente e Diputado de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, o Presidente da D.O. Ribeira Sacra, o Presidente do Consorcio de Turismo RS, o Secretario Xeral de Política Lingüística, o Presidente da Cámara de Montealegre, o actor Rubén Riós e Alcaldesa de Castro Caldelas, contando coas actuacións Andrea Pousa e Bruxo Queiman, que interpretarán tres temas en directo.

O vídeo foi dirixido por Fabián Figueroa coa colaboración do grupo neo-folk Milson’s, Andrea Pousa, o Bruxo Queiman, Rubén Riós e veciños de Castro Caldelas coma a recentemente homenaxeada Sra. Esperanza de Quintela de Mazaira, Manolo O’Clarete, Lorena Dasilva e os grupos de música caldelaos folión O Irrio de Caldelas e a banda de gaitas Os Trabazos.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies