EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un viño valdeorrés, premiado no Concurso de Tintos Galegos de Euskadi

Neste mesmo certame tamén resultaban galardoadas dúas marcas da D.O. Ribeira Sacra
Acto de entrega do premio á adega ruesa na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras./ Foto cedida.
Acto de entrega do premio á adega ruesa na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras./ Foto cedida.

Valdeorras contaba cunha distinción na XV Cata-Concurso de Viños Tintos Galegos, que se organiza con motivo da celebración do XXX Día de Galicia en Euskadi. Así o mencía 2014 da adega ruesa Joaquín Rebolledo lograba o segundo premio deste certame, que se celebraba a finais de xuño en Ermua, pero cuxo premio vén de ser entregado en setembro no consello regulador valdeorrés en Vilamartín. No acto de entrega do diploma e da figuriña estivo presente Mercedes Rebolledo en representación da adega, José David Fidalgo Fidalgo, o secretario do concurso, e o presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat.

Nesta mesma cata resultaban distinguidos outros dous viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra: o mencía de Regina Viarm lograba o primeiro premio e o mencía ourensán Adega Vella, da Adega de Jorge Feijóo González (en Abeleda-A Teixeira), o terceiro.

A cata levouna a cabo a Asociación de Euskadi de Sumilleres dentro deste acto festivo que organizan dende a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

Artigos relacionados

Back to top button