ConcellosÚltima hora

Un xabarín coas súas crías provoca un accidente na N-120 entre Vilamartín e A Rúa

Os feitos tiñan lugar ás oito da mañá deste mércores 3 de xuño

Lugar polo que apareceron os xabaríns. /Foto cedida.

 

Un bo susto levaba esta mañá unha veciña do Barco de Valdeorras no seu desprazamanto ata o lugar de traballo, en CD Nogueiras (xestoría-seguros) na Rúa. En plena N-120, moi preto xa da entrada á localidade ruesa, sorprendíaa unha enorme femia de xabarín seguida de numerosas crías que baixaban pola ladeira da montaña atravesando a estrada con todal tranquilidade

Eran as oito da mañá e a condutora ía moi despacio, aínda que non pudo evitar o impacto co animal de grandes dimensións que lle provocaba danos na carrocería do coche. Por sorte o motor non se viu afectado polo que pudo continuar a viaxe, pero o nerviosismo co que chegou ao posto de traballo duroulle toda a mañá.

 

O impacto causou danos na carrocería do coche.

 

Non é a primeira vez que pasa, nin será a última. De feito os axentes da Garda Civil do Barco que se presentaron no lugar dos feitos para certificar o accidente cinexético, aseguráronllle que era o terceiro suceso destas características que atendían dende as seis da mañá.

 

Artigos relacionados

Back to top button