En portadaÚltima hora

Un xabarín, de paseo pola senda fluvial do Malecón no Barco

 

As persoas que na tardiña deste martes 29 de xuño camiñaban á beira do Sil, polo Paseo do Malecón, sorprendíanse cunha inesperada presenza. Ao escurecer un xabarín pasaba con toda tranquilidade ata ese lado do río e percorría o paseo fluvial, sorprendendo aos veciños, que botaban man dos seus teléfonos móbiles para facerlle fotografías.

Dende destas liñas agradecemos ás persoas que cederon estas imaxes para poder publicalas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button