DeportesÚltima hora

Un xabarín duns 130 quilos cazado en Freixido

A Peña Moura de Larouco abatía ao exemplar que fería a tres cans e mataba a un cuarto
Algúns dos membros da Peña Moura de Larouco trala xornada de caza. /Foto: Carlos G. Hervella.
Algúns dos membros da Peña Moura de Larouco trala xornada de caza. /Foto: Carlos G. Hervella.

O período hábil xeral para exercer a caza na Comunidade Autónoma de Galicia é o comprendido entre os días 16 de outubro de 2016 e o 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V do DOG do martes 3 de maio de 2016. Unha desas excepcións é o xabarín, que en terreos de réxime cinexético especial, podé cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos xa dende o 27 de agosto ata o 15 de xaneiro de 2017, nas modalidades de batida, montaría e espera.

Trátase dunha especie animal moi abundante especialmente no interior das provincia de Lugo e Ourense, e mostra diso son as grandes batidas que levan a cabo cada tempada, as cuadrillas de cazadores. Un exemplo témolo na Peña Moura de Larouco, que comezaba a campaña o 18 de setembro e xa leva uns cantos exabaríns abatidos.

 

O xabarín cazado pesaba uns 130 quilos. /Foto: Carlos G. Hervella.
O xabarín cazado pesaba uns 130 quilos. /Foto: Carlos G. Hervella.

Ao último, un exemplar duns 130 quilos de peso, dábanlle caza na mañá do 2 de outubro no lugar coñecido como “O podrideiro” en Freixido. “Ese día só cazamos ese porque matounos un can e feriunos outros outros tres polo que recollemos pronto pero o primeiro domingo que fomos de caza collimos nove”, asegura Amaro, o membro máis novo da cuadrilla da que forman parte uns quince cazadores.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button