SanidadeÚltima hora

Un xesto doce e solidario contra o cancro

A Galleta Solidaria venderase o 16 de abril na rúa do Paseo de Ourense para reunir fondos para a investigación desta enfermidade
Presentación da iniciativa "Galleta Solidaria" en Ourense.
Presentación da iniciativa “Galleta Solidaria” en Ourense.

Pastelerías de toda a provincia de Ourense veñen de xuntar esforzos, un ano máis, nun proxecto benéfico: a “Galleta Solidaria”. Nesta edición poranse a venda 4.000 galletas co fin de reunir fondos para a investigación contra o cancro infantil. A “intención é superar a recadación do ano anterior, que ascendeu a 3.835 euros”, tal e como sinalaba Martín Sousa, presidente dos pasteleiros ourensáns na presentación desta iniciativa, que tiña lugar en Ourense na mañá do 15 de abril.

Esta “Galleta solidaria” está feita pensando nos nenos que sofren esta enfermidade, “por iso ten unha cara sorrinte que transmite esperanza”, din dende a organización. Na súa elaboración interviron as seguintes pastelerías: Anduriña, Arva, El Couto, Dina, Davite, Milhojas, Miguel, Osi Gourmet e San Yago en Ourense cidade, e outras en distintos puntos da provincia: Cerviño de Carballiño, Doña Bica e Primavera en Verín, San Diego de Amoeiro e Santa Rita en Arnoia.

Os fondos recaudados irán “destinados aos programas de investigación do cancro infantil que a AECC ten abertos dende 2007, e esta aportación a verdade é que nos encanta porque ademais de proceder dunha iniciativa moi bonita, a cantidade recaudada vén moi ben”, sinalaba na presentación Isidora Gómez, da AECC en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button