SanidadeÚltima hora

Un xoves máis, concentracións por unha “primaria digna” no Barco e na Rúa

Concentración no Barco.

Seguen as reinvidicacións en Valdeorras en defensa dunha “atención primaria digna”. Así neste xoves 30 de xaneiro ás 12h. tiña lugar unha nova concentración de veciños e de persoal sanitario durante cinco minutos no exterior dos Centros de Saúde do Barco e da Rúa.

Estas concentracións levan realizándose dende primeiros do pasado ano en Valdeorras. No caso da Rúa pídese ademais un novo centro de saúde, unha demanda na que se insistirá nesta fin de semana na manifestación prevista na vila o sábado 1 de febreiro a partir das 16:30h.

Fotos cedidas.

 

Concentración na Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button