CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Un “Xuízo ao maltrato” para conmemorar o 25N no Barco

Gargallada Teatro realizaba unha pequena escenificación na tarde do 25 de novembro, nun acto que se iniciaba na praza do Concello cun acendido simbólico de luces e cun minuto de silencio en memoria das mulleres asasinadas

Co acendido simbólico dunha iluminación branca na praza do Concello do Barco iniciábase na tardedo 25 de novembro o acto de celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero nesta localidade. De seguido, o concelleiro de Servizos Sociais do Barco, Orlando Saavedra, pedía gardar un minuto de silencio en memoria das mulleres asasinadas, a última nesta mesma xornada.

Deseguido, tres membros de Gargallada Teatro escenificaban a peza “Xuízo ao maltrato” e, despois, dábase paso á lectura dun manifesto no que o Concello do Barco amosaba “o noso firme compromiso de rexeitamento á violencia de xénero” e tamén reiteraba “a nosa vontade de traballar ata conseguir a súa erradicación, traballando activamente día a día. Porque para acabar coa violencia requírese o compromiso individual e colectivo durante todos os días do ano”.

Neste manifesto o Concello do Barco tamén amosaba a súa “convición de que a tolerancia cero coa violencia contra as mulleres debe ser un valor, e como tal debe ser entendido pola sociedade no seu conxunto. Os nosos concellos, as nosas comarcas, cada vila, estamos sumando esforzos para difundir o que este día significa. Este ano facémolo baixo o lema O Barco espazo libre de violencia machista, Querémosvos vivas co maltrato non hai trato“.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close