DeportesÚltima hora

Unha andaina para descubrir o engado do Invernadoiro (Vilariño de Conso)

Está programada para o vindeiro 16 de setembro e durante o percorrido poderase coñecer de forma guiada a flora e fauna deste parque natural
Vista do Parque Natural do Invernadoiro (Vilariño de Conso)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nada mellor que camiñar para coñecer e contemplar a singularidade e riqueza do Parque Natural do Invernadoiro. De aí que dende o #CURSO BLOGGERS e o Concello de Vilariño de Conso se estea a organizar a II Andaina ao Invernadoiro, que terá lugar o vindeiro 16 de setembro.

A visita será dun día de duración (con saída ás 9 da mañá dende a praza do Concello de Vilariño e regreso ás 19 horas da tarde), cun percorrido de 18 km. O transporte que se utilizará será dun autobús de 50 prazas e realizarase a Ruta da Ortiga, tal e como se indica dende a organización. Esta actividade de sendeirismo permitiralle aos asistentes coñecer a flora e a fauna do lugar e será guiada por un monitor do parque natural.

As persoas interesadas poderán inscribirse no Concello de Vilariño de Conso (988 34 03 02). Establécese un máximo de 50 prazas que serán adxudicadas por orde de inscirición e con preferencia a aquelas persoas que esten asistindo ao #CURSO BLOGGERS, citando á organización.

 

Cartel da actividade.

O custo da inscrición para andaina polo Parque Natural do Invernadoiro será de 5 euros por persoa e entregarase a cada participante avituallamento e un bastón. O xantar consistirá unha comida campestre onde cada un dos/das participantes deberá levar a súa comida.

Máis información:
www.vilarinodeconso.es

Artigos relacionados

Back to top button