DeportesÚltima hora

Unha andaina en Paderne de Allariz recadará fondos para a AECC

Esta décima edición destinará o 75% do recadado ao banco de perrucas da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense. A saída darase o 21 de maio ás 9:00 horas
Máximo Hevia, Rosendo Fernández, José Manuel Fernández, Odila González, José Abad e María del Carmen Pérez.

O Concello de Paderne de Allariz e a Asociación de Mulleres Rurais de Solveira organizan a súa décima andaina, que desta volta será a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), con dúas posibles rutas: unha curta de 9 quilómetros e unha longa de 20.

A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e o tenente de alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández e José Abad, respectivamente; a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Solveira, María del Carmen Pérez; o colaborador da andaina, Máximo Hevia, e a tesoureira da Asociación Española contra o Cancro en Ourense, Odila González.

O alcalde de Paderne de Allariz sinalou que “o 75% do recadado irá destinado á AECC” e animou á xente a “coñecer o municipio e a colaborar coa AECC que precisa o apoio de todo o mundo”. En canto á participación, José Manuel Fernández dixo que nas últimas edicións “participaron sobre 400 persoas e este ano esperamos chegar ás 500″.

Pola súa parte, Odila González agradeceu aos organizadores da proba que “escolleran a nosa asociación para esta acción solidaria” e destacou a “gran incidencia que ten esta enfermidade actualmente polo que, valoramos moito estes esforzos”. “A recadación da andaina irá destinada para o banco de perrucas”, engadiu a tesoureira da Asociación Española contra o Cancro en Ourense.

A saída da proba será ás 9:30 horas na Casa do Concello e os interesados en participar poderán inscribirse até o vindeiro 18 de maio por un prezo de 6 euros, co que entrarán nos sorteos de material para a andaina e dunha estancia nun balneario da provincia de Ourense para dúas persoas.

Artigos relacionados

Back to top button