DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Unha andaina para coñecer os segredos da Cántara da Moura, na Veiga

Nenos e maiores participaron nesta actividade organizada polo grupo “A Torre da Homenaxe de O Bolo”

Dous días despois da exitosa andaina polos soutos do municipio do Bolo, o grupo “A Torre da Homenaxe de O Bolo” organizaba unha nova actividade, desta volta especialmente dirixida aos máis pequenos do municipio e da contorna: unha andaina para coñecer os segredos da Cántara da Moura, no concello da Veiga.

Na mañá do domingo 19 de agosto un numeroso grupo partía en coches dende o Restaurante Volobriga do Bolo rumbo á Praia dos Franceses, xa na Veiga, o punto de partida da andaina en dirección Corzos. A un quilómetro da ponte collían o desvío onde comeza a senda da Cántara da Moura para emprender “un curto paseo ata descubrir o fantástico mundo da moura e a súa lenda do peine de ouro”, explican dende a organización. Despois de escoitar esta máxica historia a comitiva regresaba ao punto de partida para desfrutar do baño e un xantar a base de empanada, bocadillos, froita e auga.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button