Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Unha andaina por San Xoán de Río para celebrar o Día do Pai, da man da Club de Montaña Trives

A Andaina da Fraga será o 19 de marzo con saída ás 10 da mañá na praza Pedro Fernández

 

O sábado 19 de marzo, Día do Pai, os amantes do sendeirismo teñen unha cita en San Xoán de Río. Para ese día, o Club de Montaña Trives organiza unha andaina para todoso os públicos con saída na praza Pedro Fernández ás 10 da mañá.

Cunha distancia de 8,7 km de dificultade moderada e unha duración estimada de dúas horas e media o percorrido será cicular pasando por Fondodevila, A Fraga, Mouruás, Abelleira, Domecelle e Área recreativa A Veiga, para regresar de novo a San Xoán de Río, onde ao remate haberá degustación de produtos típicos.

O prezo de inscrición é de 7 euros para socios e 10 euros para non socios e pode facerse no correo electrónico club.montana.trives@gmail.com ata o día 15 de marzo.

 

Artigos relacionados

Back to top button