ConcellosManzanedaÚltima hora

Unha animada e concorrida Festa Ibicenca abre o programa das Neves en Manzaneda

Publicidade

 

Trala paréntese por mor da pandemia de Covid, Manzaneda recupera neste 2022 a celebración das festas patronais na honra á Virxe das Neves, cun programa que se abría cunha multitudinaria cea. En torno ás 360 persoas asistían na noite do venres 5 de agosto á festa Ibicenca onde vestidos de branco e nalgúns casos con diademas de flores mozos e maiores desfrutaban dunha exquisita paella ademais de embutidos, empanada, bebida, postre e café, servido por Mantesil. De seguido arrancaba a actuación de SkaloPndras.

 

 

O programa das festas na honra á Virxe das Neves continua hoxe, sábado 6 de agosto con pasarrúas a cargo do grupo de gaitas local Os Bertolini, e misa solemne cantada polo Orfeón Trivés. O baile en sesión de tarde e verbena correrá a cargo da orquestra Cordosom, que dará paso a unha nova sesión de música disco ininterrompida a cargo de DJ Tariro.

 

 

E mañá, domingo 7 de agosto, derradeiro día de festas haberá un pasarrúas pola mañá a cargo da charanga TDB (Terras do Bibei). Para as 13 horas está prevista a procesión coa imaxe da Virxe das Neves, xunto a outras imaxes que se conservan na igrexa parroquial, seguida pola eucaristía que de novo estará amenizada polo Orfeón Trives. Ese último día de festas o baile estará amenizado pola orquestra Tango, poñendo o broche ao programa unha nova sesión disco a cargo do DJ Cabra.

 

 

Fotos: Carlos. G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button