ConcellosÚltima hora

“Unha aperta a Trevinca” o 17 de xuño para celebrar o Día da Montaña Galega

Ás 9h. partirá dende Vilanova (A Veiga) unha marcha de montaña para chegar ata Pena Trevinca (2.127 m)
Imaxe do Macizo de Pena Trevinca./ Foto: Carlos G. Hervella.

Hai 16 anos facíase un saúdo ou aperta a todas as montañas galegas dende Pena Trevinca, o teito de Galicia. Para conmemorar esa data e ao mesmo tempo celebrar o día da montaña galega, organizarase unha marcha o vindeiro 17 de xuño con saída ás 9h. dende Vilanova (A Veiga) para chegar ata Pena Trevinca (2.127 m). O acto de clausura está previsto para as 18h.

Esta iniciativa será promovida polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca e polo Concello da Veiga. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición no enderezo club@montanasdetrevinca.es.

Con esta homenaxe á montaña galega, “tamén queremos pedir un maior coñecemento e unha máis efectiva protección sobre unha natureza excepcional, na que se atopan refuxiados unha boa parte dos endemismos botánicos, mamíferos, aves, insectos e reptís de gran valor medioambiental e científico”, din dende o club. “A nosa mensaxe de protección”, engaden, “resumiríase en dar a coñecer as nosas montañas, protexelas e admiralas e amalas”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close