EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha aplicación informática para mellorar a xestión das bodegas

"Acios" facilitará ao sector do viño a levanza dos Libros de Rexistro

Imaxe dunha viña. / Foto: Carlos G. Hervella.

 

O sector do viño poderá levar os seus rexistros de forma telemática a través da aplicación informática “Acios”, á que se pode acceder a través da Oficina Virtual de Medio Rural. Esta ferramenta, creada pola Xunta de Galicia, forma parte dos procesos de modernización tecnolóxica que levan protagonizando nos últimos anos as bodegas galegas.

Nun principio, “Acios” facilita ao sector a levanza dos Libros de Rexistro. En futuras versións, a aplicación tamén resolverá a importación de datos dende as aplicacións propias de contabilidade das bodegas, o tratamento de información para a realización de varias declaracións vitivinícolas así como a xestión de datos de provedores e confección dos contratos de compra-venda de uva. Tamén permitirá o cálculo de balances dos distintos produtos vitivinícolas que elaboren as empresas.

Os interesados en empregala poderán solicitar o seu uso na xefatura territorial da Consellería de Medio Rural da provincia onde se sitúe a instalación en cuestión. Esta solicitude está publicada na orde do Diario Oficial de Galicia e pódese presentar ao longo de todo o ano. Terán que constar os Libros de Rexistro para os que se pide autorización e os datos das persoas usuarias que accederán á plataforma.

Artigos relacionados

Back to top button