ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unha asociación decide recuperar as Festas de San Cristóbal na Rúa

O colectivo, formado un grupo de veciños, era presentado no Centro Cultural Avenida

Naceu hai uns meses, de feito xa organizaron a IV edición do CaViño, pero non era ata a tarde do 6 de xullo, cando se presentaba oficialmente a Asociación Cultural San Cristóbal (aínda que o nome completo é moito máis longo “Sociocultural, Educativa, Deportiva, Enogastronómica e de Desenvolvemento Comarcal”), un grupo de veciños da Rúa que decidían xuntarse para “traballar polo noso pobo, pola comarca, polos nosos negocios, pos nós, polo noso futuro e polo futuro dos que veñan detrás”, uns veciños que “están orgullosos do seu pobo, de traballar no seu pobo e de vivir nel”. Con estas palabras, Marco comezaba o acto que tiña lugar no Centro Cultural Avenida diante de numerosos veciños que desfrutaron dun pase de fotos antigas, dos anos 60 e 70, cando A Rúa celebraba as Festas de San Cristóbal.

E recuperar esa celebración na que había raíñas das festas, desfiles de disfraces e comparsas, xinkanas de motos,… é un dos obxectivos da asociación. Por iso, no decurso do acto entregaron un ramo de flores a algunhas das raíñas daqueles anos, presentes no centro: Dona Blanquita, Ana, Lourdes, Toñita, Mari,… Tamén lle entregaron un agasallo ao condutor máis antigo da Rúa, Álvaro Purrela que recibía de mans do seu propio fillo. En pleno século XXI a nova asociación non nomeou á raíña das festas deste ano, decidindo que sexan as presentes as que viaxen hoxe na carroza da organización durante o desfile desta tarde. O que si nomearon foron “principiños”: Jaime Quiroga e Érika Martínez.

Malia levar só uns meses como asociación, detrás hai moitas horas de traballo, esforzo e ilusión, xuntando xa a máis de 120 empresas colaboradoras e máis de 300 asociados aos que dan as grazas por “axudarnos a intentalo”. Para iso organizaron o CarnaVrao de San Cristóbal. Como previa tiña lugar a cea popular que reunía a preto de 500 persoas nunha engalanada rúa Doutor Vila, e o prato forte chegará esta tarde co desfile de disfraces e carrozas  con saída ás 19:30h. dende a Cooperativa, importantes premios e actuacións musicais ao rematar.

E xa o martes 10 de xullo, haberá misa na honra a San Cristóbal na igrexa de Fontei (20h.), bendición de coches clásicos (20:30h.) e ruta dos “benditos” por A Rúa e Petín.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button