Deportes

Unha atleta da escola Ben Cho Shey, no podio do campionato galego de categorías inferiores

A benxamina Naroa Pereira coa medalla de bronce. /Foto cedida.

Naroa Pereira Tesouro, atleta benxamín da escola atlética do Pereiro de Aguiar, Ben Cho Shey consiguía a medalla de bronce en 500 m. lisos no campionato galego de categorías inferiores celebrado este domingo en Vigo.

Ademais do terceiro posto e o metal, Naroa lograba a súa mellor marca persoal: 1.40.47 facendo posible que a escola á que representaba “lograra que un/unha atleta subira ao podio de Galcia de maneira ininterrumpida” nos seus 26 anos de historia, segundo informa o seu presidente, Germán González.

Artigos relacionados

Back to top button