ConcellosPetínÚltima hora

Unha avaría deixa sen luz a Petín durante horas

A subministración eléctrica recuperábase pasadas as oito e media da tarde

Así está Petín por mor da avaría.

 

A escuras. Así estivo durante máis de dúas horas Petín, por mor dunha avaría que deixou sen luz a todo o municipio, na tarde deste mércores 13 de xaneiro.

Tal como explican os veciños, levaban sen luz (nin nas casas nin na rúa), dende as seis e cuarto da tarde “tampouco tiñamos calefacción”, aseguran. A alcaldesa Raquel Bautista pola súa banda, engade que debís ser unha avaría importante xa que parece que tamén afectou a vilas de concellos veciños como Larouro ou O Bolo, “en Chandoiro e O Seixo por exemplo tampouco tiñan”, asegura, engadindo que os técnicos da empresa eléctrica andaban polo concello e xa tiñen a avaría medio localizada “pero que aínda tardarían un bo rato en arranxala”.

A alcaldesa puntualiza que ao principio, dende as 18:15h. máis ou menos estaban cunha única fase, polo que aínda tiñan luz pero “dende hai polo menos unha hora xa non hai nada”, asegura.

A subministración eléctrica recuperábase pasadas as oito e media da tarde.

 

Artigos relacionados

Back to top button